En portadaGalerías de fotosÚltima hora

De excursión a Arcos (Vilamartín) polo Camiño de Inverno

Alumnos do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa fixeron un tramo da ruta xacobea que atravesa Valdeorras

A xornada do 25 de outubro foi moi especial para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Consesa de Fenosa do Barco. Foi un día de excursión, pero non foron en autobus, nin en tren nin e coche,… Foron a pé ata Arcos (Vilamartín) completando un tramo do Camiño de Inverno, a ruta xacobea que entra en Galicia por Valdeorras.

Máis de 170 alumnos dos catro cursos, acompañados por once proferores (entre eles o director), partían en torno ás 10:30h. rumbo a localidade vilamartinesa. Unha vez alí, o programa incluía un percorrido pola ruta das adegas, xantar ao aire libre e a recepción por parte do escritor David D. Vázquez, para dar unhas pinceladas sobre esta ruta de peregrinación recentemente recoñecida pola Xunta.

A actividade, enmarcada no programa “Pasaporte Solidario” que ten como obxectivo formar futuros adultos comprometidos e sensibles coa realidade social, remataba co regreso ao centro barquense en torno ás cinco da tarde, completando así preto de 10 intensos quilómetros.

 

Igrexa de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). /Foto cedida.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button