ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

De festa en Vilardesilva (Rubiá)

Alborada en Vilardesilva.

 

Agosto é o mes por excelencia de festas e celebracións, especialmente no ámbito rural, con infinidade de aldeas que vén duplicar e nalgúns casos triplicar a poboación durante o verán.

 

Bailando na festa de Vilardesilva.

 

É o caso de Vilardesilva, no concello valdeorrés de Rubiá, que vén de celebrar as festas patronais na honra ao Pai Eterno (do 13 ao 15 de agosto), con misa, baile con orquestra e a tradicional alborada. “Esta é unha actividade que se fai dende sempre e na que participa todo o pobo. Vaise pedindo polas casas e sacan todo tipo de viandas e doces, así como o cuturrús, ata a hora de xantar”, asegura un dos veciños, Eloy González. “Hai poucos pobos que se xunten así para celebrar a festa e estaba o pobo cheo”, di, especificando que contaron co acompañamento musical dunha charanga.

 

Netos e bisnetos da familia González González.

 

 

Só na súa casa, a familia González González ou de Pepe como é coñecida, entre fillos, netos e bisnetos chegados dende diferentes partes de España (Barcelona, Madrid, Palencia,…) xuntáronse máis de 50 persoas, celebrando por todo o alto a festa e a xuntanza familiar.

 

Xantar de festa na casa de Pepe.

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button