Galerías de fotosÚltima hora

De festa na residencia de Valdegodos, en Vilamartín

O centro da terceira idade, celebrou a festividade de Nosa Señora dos Milagros

O 8 de setembro é unha data festiva en moitos pobos da provincia de Ourense, e tamén en centros privados. Tal é o caso da Residencia da Nosa Señora dos Milagros que a Fundación Valdegodos ten na rúa Manuel Pérez Barreiro, en Vilamartín de Valdeorras que na xornada do martes día 8 celebraba a festa na honra á patroa.

Alí, residentes, familiares, convidados e persoal disfrutaban dunha xornada de convivencia na que non faltaron cultos como a procesión e posterior eucaristía, nin o xantar de festa que compartiron todos xuntos con manxares como marisco, peixe, carne, postres, café e cava.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button