ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

De festa, nas Covas de Seadur

Unhas 1.500 persoas participaban na 13ª edición desta cita que ten como escenario antigas adegas escavadas na rocha

Xa dende as seis da tarde centos de persoas dirixían os seus pasos polo camiño das Covas en Seadur (Larouco). A do Sábado Santo é unha data de referencia dende hai trece anos nesta localidade valdeorresa que abre as súas covas ao público para desfrutar do viño, de pinchos variados, música e dun ambiente festivo único que envolve tanto a adegueiros como a participantes.

Así sucedía na tarde do 3 de abril. Ao redor de 1.500 persoas se sumaban nesta edición a singular festa percorrendo as 18 covas abertas ata pasadas as dez da noite. A ruta estaba ademais animada pola charanga Nova Terra de Trives, así como por diversos grupos musicais improvisados que encheron de ritmo as covas.

Ademais de viños (branco e tinto), en cada unha das adegas os visitantes, cunca en man, podían desfrutar de variados pinchos (tanto fríos coma quentes). Xa pola noite, a festa desprazábase á zona da carpa onde se prolongaba ata a madrugada.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button