PolíticaÚltima hora

De Frutos proporá ao Goberno axudas directas polas xeadas

A Proposición non de Lei dos Socialistas insta ao Executivo a procecer conforme coa Lei do Sistema Nacional de Protección Civil
A proposta incluirá tamén beneficios fiscais e axudas a reparación de maquinaria. // Foto: Carlos G. Hervella.

A deputada Socialista por Ourense no Congreso dos Deputados, Rocío de Frutos, vai solicitar ao Goberno axudas directas polos danos das xeadas en Ourense. A Deputada rexistrou no Congreso unha Proposición non de Lei coa que o Grupo Socialista insta ao Goberno “a proceder, conforme ao previsto na Lei 17/2015 do 9 de xullo do Sistema Nacional de Protección Civil, á declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, con aplicación das medidas previstas no articulo 24 desa lei”

Entre outras medidas concretas, esta proposición insta ao Goberno a habilitar axudas directas polos danos materiais producidos, tanto nos bens das persoas e empresas como nas Administracións, así como aos gastos para facer fronte á catástrofe.

A iniciativa dos Socialistas tamén contempla a ampliación de beneficios fiscais e bonificacións das cotizacións á Seguridade Social para as empresas e explotacións afectadas, así como liñas de crédito preferenciais para financiar a reparación de instalacións, equipos ou vehículos danados, entre outras.

De Frutos sinalou que “a forte xeada do pasado mes de abril na provincia afectou de cheo ao sector vitivinícola; os danos estímanse nun 20% e un 30% das zonas produtivas e afectan a todas as D.O, así como cultivos como a pataca en A Limia ou o pemento de Oímbra”.

Así, indica que no Ribeiro a xeada afectou ao 100% dos viñedos situados nas partes máis baixas das ribeiras do Avia, que o Consello Regulador apunta unhas perdas entre o 70% e o 80% da produción nas partes medias e algunhas viñas en zonas altas e ribeiras do Miño e Arnoia, de tal modo que se calculan danos por uns 7,2 millóns de euros. En Monterrei, a incidencia da xeada calcúlase en máis dun 70% de afectación e un 95% da colleita. En Valdeorras, a media de danos da Denominación de orixe sitúase en torno ao 20% da colleita con perdas por 3,8 millóns de euros. Na Ribeira Sacra, as perdas estímanse en 3,5 millóns de euros con máis do 30% da superficie do viñedo danado.

“Desde hai anos non acontecían na provincia de Ourense unhas condicións meteorolóxicas semellantes e os danos producidos están a ser cuantiosos ao darse unha situación pouco previsible?. ?Estímase, abunda, que se produciron danos por unha valor de 72 millóns de euros con afectación das catro denominacións de orixe. A estes danos hai que engadir os derivados de recuperación das vides que ascenden a 2,2 millóns de euros que de forma inmediata teñen que desembolsar os produtores para tentar salvar as explotacións”.

 

Artigos relacionados

Back to top button