En portadaÚltima hora

“De madrugada isto era terrorífico en Viana”

Un lume que se iniciaba na Gudiña estendíase pola noite ata terras vianesas e estímase que pode ter ardido máis de 1.500 has

Varios pobos do concello de Viana do Bolo levan loitando contra as chamas dende a noite do domingo. Un incendio que se iniciaba na Gudiña estendíase ata chegar a pobos vianeses como os de Pradocabalos, Castro e Bembibre que tiveron que ser desaloxados ante a perigosidade do lume e a cercanía ás casas. “Isto de madrugada era terrorífico, realmente metía medo. Sentías unha impotencia moi grande”, asegura Santiago Barja, tenente de alcalde de Viana do Bolo, que arestora continúa nos labores para tratar de atallar o lume.

Barja destaca as dimensións e a extensión do incendio que se estima podería chegar ás 1.500 hectáreas posto que ás seis da tarde xa estaba chegando á zona da ermida de Fradelo. “É unha estensión enorme a que ardeu. A situación nestes momentos é moi complicada, non temos medios aéreos xa que non poden voar pola falta de visibilidade. Non se ve nada, parece noite, estás ao lado das chamas e case non se ven”. Tamén destaca a mobilización dos veciños con tractores e con camións con cisternas, así como de persoas voluntarias. Ademais están alerta os pobos veciños ante a posibilidade de que o lume continúe estendéndose.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close