SanidadeÚltima hora

De Nai a Nai organiza un novo obradoiro intensivo sobre educación Montessori

Será impartido o vindeiro 24 de novembro pola pedagoga Mercedes Urbiola e terá unha duración de oito horas
Mercedes Urbiola, noutro obradoiro sobre educación Montessori impartido no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Educación Cósmica I” é o título do próximo obradoiro sobre educación Montessori que organizará a asociación De Nai a Nai o 24 de novembro no seu local no Barco (edificio da biblioteca, 4º andar). Será un cursiño intensivo de oito horas que impartirá novamente Mercedes Urbiola, socia fundadora de Galicia Montessori, pedagoga, guía titular do ambiente de Casa de nenos, guía de taller e nai.

“Todo está interconectado e levaranse moitas ferramentas para o traballo cos fillos/as e cos alumnos/as, partindo dun mesmo/a para comprender que outra realidade educativa é posible e que ti es parte diso”, indica Urbiola. Esta accion formativa permitirá coñecer e vivir como os nenos aprenden de forma sinxela, exponencial, e significativamente os contidos da educación escolar.

O obradoiro comezará ás 10h. e continuará ata as 19h. cunha pausa para xantar entre as 14h. e as 15h. A comida terá lugar no mesmo local da asociación. As persoas interesadas en asistir a este obradoiro poden reservar a súa praza chamando ao 629471830. O prezo da inscrición é de 50 euros (inclúe o xantar).

Artigos relacionados

Back to top button