SanidadeÚltima hora

De Nai a Nai organiza unha charla sobre repaso do ciclo menstrual e hormonas femininas

Será impartida por Helia Mariño Méndez, xinecóloga, o vindeiro 23 de febreiro

 

A Asociación de Nai a Nai, grupo de apoio á lactación materna de Valdeorras, organiza unha charla informativa sobre o ciclo menstrual e as hormonas femininas que será impartida por Helia Mariño Méndez, xinecóloga.

Na charla titulada “Falemos de nós”, Helia “explicaranos como funciona o noso ciclo menstrual e como nos afectan as hormonas non só no ciclo, senón tamén noutros aspectos da nosa vida. Facilitaranos o autoconocimiento, dándonos información accesible e de calidade sobre a nosa saúde. É necesario que as mulleres teñamos esta información para comprender os procesos relacionados coa nosa sexualidade e a nosa reprodución”, explica a presidenta da Asociación De Nai a Nai, Lorena Prada.

 

Artigos relacionados

Back to top button