EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

De pasarela en pasarela, polo Barco

No marco da campaña “Actualiza o teu estilo” o 26 de abril celebrábanse nove microdesfiles na vila

Librería e complementos, moda, reloxios e xoias… Eran algúns dos elementos que lucían media ducia de modelos nos microdesfiles que se desenvolvían diante de nove establecementos barquenses ao longo da xornada do 26 de abril. Formaban parte da campaña “Actualiza o teu estilo”, que promove O Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Durante a mañá a alfombra vermella colocábase diante de Librería Murciego, Pizpireta, Pilardos e Confecciones Elena e pola tarde (como pode verse na meirande parte das fotos desta galería) na Boutique Suá, Xoiería Víctor, Mhussk by Trio’s e no Kiosko-Chuches Ale.

Os desfiles continuarán mañá mércores cos seguintes horarios:
– Miranda M ás 11h. (Conde Fenosa, 1)
– Miranda X ás 11:30h. (Eulogio Fernández, 5)
– Servimat ás 12h. (Eulogio Fernández, 72)
– Periódico O Sil ás 12:30h. (Conde Fenosa, 11)
– Zapatería Palpié ás 17h. (Conde Fenosa, 20)
– Ana Óptica ás 17:30h. (Estación, 11)
– Can Can ás 18h. (Estación, 14)
– Perfumería Ana de la Puente ás 18:30h. (Estación, 14)
– Estética Rocío Carracedo ás 19h. (Praza José Otero, 2)

Fotos: Ángeles Rodríguez (agás as dúas primeiras imaxes da galería).

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close