Galerías de fotosÚltima hora

De romaría en Lardeira

O 31 de maio celebrouse o Pai Eterno nesta localidade de Carballeda de Valdeorras, con misas, procesión e polbo

Ao tratarse dunha festa litúrxica variable, a data da celebración do Pai Eterno ou Santísima Trinidade (o domingo seguinte ao de Pentecostés) oscila entre a segunda metade de maio e a primeira de xuño e este ano tiña lugar o domingo 31 de maio.

Ese día, na localidade de Lardeira (Carballeda de Valdeorras), a máis de 1.400 metros de altitude sucedíanse as misas ao longo da mañá, pero non sería ata a unha cando comezaría o acto cetral dos festexos, a procesión polas rúas do pobo coa peculiar imaxe que representa tres figuras (pai, fillo e espírito santo) a partires dun único tronco. Despois viria a misa maior cos coros de homes e mulleres entonando os “Gozos”, outra das peculiaridades desta celebración en Lardeira.

E xa trala misa, a romaría continuaba co xantar baixo a carpa instalada na praza no que non faltou o polbo á feira.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición de maio do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button