EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

De ruta gastronómica na “8ª Quiroga de Tapas”

Esta iniciativa poñíase en marcha o 11 de abril coa participación de 13 locais desta vila lucense e prolongarase ata o Venres Santo

Un total de trece establecementos participarán nesta iniciativa que se desenvolverá do 11 ao 19 de abril na vila quiroguesa. Numerosas persoas súmanse cada ano a esta proposta gastronómica e, desta volta, poderán percorrer os seguintes locais coas súas diversas tapas:

A PEDRA: “Arroz negro con calamares e alioli”.

ADEGA DA MARÍA: “Cristal transparente”

RUXE-RUXE: “Xatecomo”

FERREIRIÑO: “Mar e horta”

AS PALMERAS: “Boliñas”

CASA TORRES: “Polo crocante con froitos vermellos”

CHAPAKUÑA 3: “Paquetiños de delicias”

O ROXO VIVO: “Pé de porco recheo de boletus con pataca panadeira en salsa de mencía con froitos vermellos”

O REGO GASTROBAR: “Courel Mountains”

QUIPER: “Nido de pasta”

TABERNA: Gambón en salsa de pimenta negra”

LAGO: “Turnedor ó queixo de Cabrales”

FÉLIX: “Corazón de pataca con solombo en viño branco acompañada de champiñóns en salsa de cebola caramelizada”.

En cada un deles presentarase unha tapa diferente ao prezo de 1,5 euros, o mesmo de anteriores edicións. Ademais os clientes poderán escoller a tapa que máis lles guste entre o conxunto de propostas desta edición, emitindo o seu voto a través dos tapacartóns. Ademais, unha vez os depositen nas urnas dos establecementos poderán entrar no sorteo de diversos premios.

 

Acto inaugural da oitava edición de Quiroga de Tapas, o 11 de abril./ Foto cedida.

 

Esta singular iniciativa poñíase en marcha ás 19h do 11 de abril no Restaurante O Rego Gastrobar, coa asistencia do alcalde de Quiroga, da concelleira de Xuventude e Turismo, de concelleiros do grupo de Goberno acompañados de Cheché Real, oresidente da Asociación de Hostelería de Lugo, e de Beatriz Vila, delegada da Zona Sur desa mesma asociación.

Fotos da galería: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button