CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

De ruta para celebrar o día do patrón no colexio María Inmaculada de Verín

Os alumnos da ESO tamén aproveitaron a saída para aportar o seu gran de area no coidado da natureza

 

Hoxe, 27 de abril, o colexio María Inmaculada de Verín conmemoraba os 157 anos da fundación da “congregación do Amor de Deus polo Venerable Jerónimo Usera”, e para celebrar a data, decidían saír do centro e poñer en práctica as palabras do Papa Francisco no seu encíclica Laudato se, “coidar do mundo, que é a casa común”, explica a profesora Chiqui Otero.

Así os alumnos de 3º e 4º ESO, que xa tiñan ganas de actividades ao aire libre, foron andando ata o Santuario dos Remedios onde tiveron unha misa e actividades relacionadas coa natureza; os de 1º fixeron unha marcha ata a zona recreativa do Pobo de Tintores; e os de 2º deron un paseo en bicicleta ata o Balneario de Cabreiroá, escoltados pola Garda Civil e Protección Civil e acompañados polos seus profesores e tamén polo director da DXT de Ourense, David Llorente e pola coordinadora provincial de educación viaria, Dosinda Aguiar. Ao chegar ao destino colgaron caixas de paxaros e limparon de lixo a contorna, desfrutando do día ao aire libre.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button