ConcellosSen categorizar

De ruta polas adegas do Castro (O Barco)

O Camiño das Covas cumpría este ano a súa décima edición cunha numerosa participación

Centos de persoas participaban na tarde do 28 de xuño no décimo Camiño das Covas do Castro (O Barco). A festa, cun programa moi semellante ao de anos anteriores, comezaba a partires das 19h. coa apertura das adegas, que rodean a fortaleza medieval que vén de ser rehabilitada e cuxa apertura se facía coincidir con esta festa.

En torno ás once da noita as adegas ian pechando e a festa trasladábase ata a praza do Castro. Alí a medianoite soaba o ritmo do grupo valdeorrés Os Broders, co que se poñía o broche, xa de madrugada, a este Camiño das Covas.

Esta celebración foi organizada, de novo, pola Agrupación de Adegueiros do Castro en colaboración coa Concellería de Turismo do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button