Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

De ruta polo teito de Trevinca, nunha “Noite entre Lobos e Estrelas”

Na noite do 16 ao 17 de xullo unhas 15 persoas participaban nesta marcha de alta montaña organizada polo Club Montañas de Trevinca

Os participantes na saída, ás 12 h da noite en Vilanova de Trevinca.

 

Unhas 15 persoas participaban na noite do 16 ao 17 de xullo na 12ª Marcha Nocturna “Entre Lobos e Estrelas”, á luz da lúa polo teito galego. Era arredor de 11 horas de percorrido polo Macizo de Trevinca, entre as provincias de Ourense e Zamora, que se caracteriza pola súa dureza, “fortes desniveis e terreos inestables”, destacan dende a organización, en mans do Club Montañas de Trevinca. Aínda así, o esforzo paga a pena e permite desfrutar dun xeito insólito da alta montaña galega unha vez ao ano.

 

Un momento da cea en Pena Trevinca-cima de Galicia.

 

Nesta edición o percorrido, duns 28 km, era o seguinte: Vilanova – Sestil Alto-Pena Trevinca-Moncalvo-Lago Lacillo-Laguna de la Ventosa-Laguna de Peces (Zamora). Partíase a medionoite dende Vilanova de Trevinca. Logo iniciábase un longo traxecto que concluía arredor das 11h. do 17 de xullo na Laguna de Peces.

“O percorrido foi duro e o calor abafante durante as horas do día, tamén tivemos fortes ventos”, explicaban dende a organización, que aínda así facía un balance positivo desta edición.

Fotos cedidas polos participantes.

 

Amence chegando ao cume do Moncalvo.

 

Artigos relacionados

Back to top button