EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

De Ruta por Valdeorras

Artigo escrito pola técnica da Ruta do Viño de Valdeorras con motivo da celebración do Día Mundial do Enoturismo o 13 de novembro

Viñedos en Valdeorras./ Foto: O SIL.

 

Valdeorras é unha terra de viños e pizarra que amosa as pegadas que os romanos deixaron na comarca. Situada na parte nororiental da provincia de Ourense, é unha das Denominacións de Orixe máis antigas do estado que naceu para garantir a calidade dos viños da Comarca.

Baixo o amparo de esta denominación medrou a Ruta do Viño de Valdeorras, proxecto creado por un grupo de emprendedores comprometidos por descubrir os segredos da súa terra ós viaxeiros, no que poder disfrutar do viño, gastronomía, paisaxe, cultura e ocio activo.

En esta comarca o río Sil acompáñanos durante algúns tramos do noso camiño ata penetrar no corazón de Valdeorras, conducíndonos ata un profundo val acolledor, de terra roxiza e arcillosa que as colonias romanas afondaron séculos atrás deixando numerosas pegadas como o Castro de Valencia ou os lagares de Larouco.

O importante patrimonio vitivinícola que atesoura Valdeorras impregna dende o recuncho máis escondido ata o sentir de vilas e aldeas. Por iso o viño é a excusa que se ofrece para recorrer un territorio rural, e visitar as covas, o recurso mais característico e único da comarca.

 

Cristina Núñez, técnica da Ruta do Viño de Valdeorras, nunha cata promovida por esta esta asociación./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aquí a pizarra é a protagonista do territorio humanizado. Terra de cultura milenaria, cruzada o este por a Vía Nova, calzada romana Via XVIII que comunicaba Astorga con Braga. Son as pontes desta época as construccións máis salientables por monumentalidade beleza. A “Ponte do Bibei” é das máis importantes que se conservan na Península e declarada Monumento Histórico Artístico no ano 1931, ou “A Ponte da Cigarrosa”, entre A Rúa e Petín.

Pero o patrimonio cultural de esta comarca non remata aí. Unha visita obrigada para todo visitante que se achega a comarca é o Mosteiro de Xagoaza que pertenceu á Orde de San Xoan de Xerusalén. Outra parada obrigada é a Villa de O Castro de Valdeorras declarada Ben de Interes Cultural.

Nesta viaxe por Valdeorras non podemos esquencernos do Santuario da Virxe das Ermidas, un desos lugares máxicos agochado nas entrañas de Galicia, que ampara séculos cheos de historia e lendas que está considerado como unha das mellores obras do barroco galego.

 

 

Aquí a natureza xoga un papel moi importante, non só pola súa ubicación, senón tamen porque acolle espazos como o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra e O Teixadal no macizo de Pena Trevinca
E para rematar esta viaxe por Valdeorras tamén debemos prestar atención á súa gastronomía autóctona. Sen lugar a dúbidas, o botelo, é o rei, que se serve acompañado con cachelos e grelos da zona. Por iso vos convidamos a desfrutar da comarca e coñecer de primeira man todos e cada un dos recursos que ésta nos ofrece.

Texto: Cristina Núñez, técnica da Ruta do Viño de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button