EconomíaEconomíaÚltima hora

De tapas micolóxicas por Trives

Na fin de semana do 11 ao 13 de novembro o Club Montaña Trives organizará as XVII Xornadas Micolóxicas e un certame de tapas
Tapa ganadora da pasada edición do certame./ Foto: Club Montaña Trives.
Tapa ganadora da pasada edición do certame./ Foto: Club Montaña Trives.

Un total de 13 establecementos de hostalaría participarán no II Concurso de Tapas Micolóxicas que se celebrará do venres 11 ao domingo 13 de novembro. “Cada un dos locais (San Martín, O Cafeto, A Viuda, Quintela, Casanova, O Paíño, Cantina do Catro, Boliche, Os Manolos, O Bodegón, Ardora, Sky, Troula) elaborará unha tapa diferente con base de cogomelos. En cada local participante disporase de urnas e papeletas para que vote o xurado popular”, explican dende o Club Montaña Trives, promotor da iniciativa.

Cada tapa terá un prezo único de 1,5 euros. Ademais se a papeleta dos participantes está selada por máis de catro locais entrará nun sorteo que se celebrará na praza do Reloxo de Trives o domingo día 13 ás 17h.

Nesa mesma fin de semana a vila acollerá as XVII Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives. O programa encetarase o sábado día 12 ás 9:30h. cunha charla impartida pola Asociación Os Cogordos de Ourense no Auditorio Julio Vázquez. Logo, ás once, os asistentes sairán ao campo na procura de cogomelos. Xa pola tarde, a partires das catro, os exemplares reunidos entregaranse no patio interior da Casa Grande de Trives para a súa identificación e clasificación. Con eles farase unha exposición. O día completarase cunha cea gourmet no Hostal A Viuda ás 21:30h. O prezo desta cea será de 25 euros e estará formada por cinco pratos con diferentes cogomelos.

As xornadas proseguirán o día 13 coa apertura da exposición de cogomelos que poderá visitarse de 10h. a 13:30h. e de 16h. a 18:30h. As persoas interesadas en inscribirse nas xornadas poderán en club.montana.trives@gmail.com ou na Oficina de Turismo de Trives.

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button