OurenseÚltima hora

De Vacas e Patricia Moon, entre os artistas convidados na VII Gala Contra o Cancro de Ourense

O espectáculo benéfico celebrarase o 21 de decembro no Auditorio e estará presentado por Rubén Riós e Beatriz Serén

De Vacas.

 

A Gala Contra o Cancro de Ourense celebra a sétima edición. Tras seis anos enchendo o auditorio municipal, esta cita solidaria volverá reunir a referentes do mundo da música, a danza, o humor e a interpretación. Despois de recibir a artistas como Susana Seivane, Lucía Pérez, Emilio Rúa, Daniel Minimalia, Luís Emilio Batallán, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Xosé Manuel Budiño, Lys Pardo, Monoulious DOP, Xabier Vizcaíno, Xestreu, O Sonoro Maxín e Andrea Pousa entre moitos outros, este ano, a celebración terá lugar o sábado 21 de decembro ás 21:30h. no Auditorio Municipal e estará marcada por unha ampla variedade musical.

O grupo De Vacas cantará eses temas e versións galegas que tan recoñecidas e famosas as fixeron. As tres intérpretes deleitará aos espectadores coas súas voces nun concerto único. Patricia Moon ofrecerá tamén un adianto dos seus últimos éxitos, con interpretación de violín e piano tras regresar dunha exitosa xira por Europa. A música tradicional estará presente da man do artista Davide Salvado, quen porá a nota íntima e tenra coa súa música. Antonio Luz sorprenderá co seu particular estilo musical con temas tan ourensáns como Entroido. Tampouco faltará o baile, coa actuación da Academia de Danza Fusión. Todo isto, conducido polos mestres de cerimonia Rubén Riós e Beatriz Serén.

 

Patricia Moon.

 

Un ano máis, a organización (Asociación Xuvenil Cultural As Canellas e coa produción de Claqueta Coqueta) traballa para seguir colaborando coa Asociación Española Contra o Cancro que precisa de axuda para avanzar en proxectos de investigación. En palabras do organizador, David Rodríguez, presidente de As Canellas, “a cultura e as artes van da man da solidariedade e calidade humana. En Ourense, somos coñecedores da gran resposta que este evento ten, grazas a unha cidadanía comprometida e involucrada coa nosa causa”.

As entradas custan 5 euros anticipada e 8 na billeteira.

 

Artigos relacionados

Back to top button