CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

De Vacas enceta as festas de Viana no Xostra Rock

Coas singulares versións deste grupo galego comezaba na noite do 11 de agosto o III Xostra Rock na praza Maior

Con versións de exitosos temas vestidos de novos ritmos como o da muiñeira. Con pandeiretas e guitarra, e sobre todo, coas voces de Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero arrancaban as festas de Viana do Bolo na noite do 11 de agosto. De Vacas subíase ao escenario na praza Maior da vila para abrir o III Xostra Rock. Numerosas persoas asistían a este concerto no que as tres intérpretes estaban acompañadas á guitarra por Gillerme Fernández (antigo músico de Berrogüetto).

Versionaban (en galego, castelán e inglés) de xeito orixinal e non exento de ironía temas que ían dende “Single Ladies” de Beyonce, pasando por “De noite e de día” de Enrique Iglesias e ata “Sobreviviré” de Mónica Naranjo. Tras elas, subíanse ao escenario Chotokoeu, un grupo de folck-rock con raíces na cultura tradicional; e Ruxe Ruxe, banda de rock, cunha recoñecida traxectoria.

As festas de Viana continuarán con diversas propostas culturais e lúdicas, e por suposto con moita e variada música, ata o 16 de agosto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button