OurenseÚltima hora

De Vacas, Xestreu,The Tetas Van e Sés pecharán mañá a I Romaría Feminista de Barbadás

O evento celebrarase mañá, sábado 29 de setembro, a partires das 11h. e inclúe mesas de debate, teatro, zona de comida e actividades infantís
A concelleira de Igualdade, Ánxela González (centro), María Armada, técnica de Igualdade (esquerda) e Lili Freijido de Cultura (dereita), membros da organización da romaría.

Calzada Romana, a carón do polideportivo de A Valenzá acollerá mañá, sábado 29 de setembro, a I Romaría Feminista de Barbadás.

O programa de actividades comezará ás 11 da mañá cunha mesa de debate, a primeira de catro que se irán sucedendo ao longo da xornada coa participación de destacadas especialistas en materia de feminismo e igualdade no eido profesional. Á noitiña chegará o momento da música, segundo anunciou a responsable da organización, Ánxela González Cid, concelleira de Igualdade de Barbadás, coas actuacións de Xestreu, De Vacas, The Tetas Van e Sés, que pecharán a xornada.

Segundo a concelleira, “a xornada foi concebida como un espazo de debate, discusión e reflexión sobre o feminismo e a loita para acadar a igualdade, no que tivemos coidado de que se desenvolva de xeito transversal non so polos distintos aspectos e visións que se poidan dar, senon pola idea de facilitar unha ampla participación”, por iso, asegura que a súa pretensión “é expor a necesidade de transcender o recoñecemento das violencias que se exercen sobre as mulleres para poder apelar a responsabilidade que temos na deconstrución do heteropatriarcado e a construción dunha sociedade igualitaria para as persoas, sexa cal sexa o seu xénero, a súa orientación ou a súa identidade”.

Neste senso, suliña a edil de Igualdade, “contaremos cunha área infantil na que os cativos terán actividades lúdicas combinadas cunha programación propia vencellada á igualdade, posto que da educación en valores igualitarios deben vir os verdadeiros avances neste senso”.

 

De Vacas no festival Xostra de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button