ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

De Vilamartín de Valdeorras a Bendilló polo Camiño de Inverno

Unhas 140 persoas completaban a IV etapa da peregrinación organizada pola Asociación do Camiño de Santiago de Inverno polo Bierzo

Entre as provincias de Ourense e Lugo. Na mañá do sábado 12 de novembro, Vilamartín de Valdeorras era o punto de partida da IV etapa da peregrinación polo Camiño de Inverno organizada pola Asociación do Camiño de Santiago de Inverno polo Bierzo, na que participaron unhas 140 persoas. Entre elas o alcalde de Vilamartín, Enrique Barreiro (que xa fixera a anterior etapa entre Puente de Domingo Flórez e Vilamartín) e María G. Albert, alcaldesa da Rúa, outro dos pobos polos que pasou a comitiva berciana (aínda que tamén participaron camiñantes valdeorreses).

A meta desta etapa, que transcurría nunha mañá chuviosa pero con temperaturas agradables que permitiu aos camiñantes disfrutar da fermosa paisaxe outonal, estaba en Bendilló (concello de Quiroga), aínda que o xantar de confraternidade tiña lugar no pavillón polideportivo da Rúa.

Se non hai cambios de última hora, a seguinte etapa está prevista para o 17 de decembro entre Bendilló e Barxa de Lor (A Pobra de Brollón).

Fotos: Miguel

Artigos relacionados

Back to top button