Galerías de fotosÚltima hora

De viños e tapas pola Rúa

Centos de persoas asistiron a esta edición da ruta na que participaron 10 establecementos hostaleiros

Un ano máis, a Ruta das Tapas reunía a centos de persoas en torno aos establecementos da Rúa participantes neste percorrido gastronómico que, segundo os propios hostaleiros, “foi un éxito”.

Centrados no horario nocturno do venres 28 de novembro, e moi especialmente do sábado 29, os participantes nesta VI ruta degustaron as variadas ofertas culinarias dos locais. Algúns participaban por primeira vez como A Pepa ou o Luna’s (con nova xerencia dende hai uns meses), así como A Tasca ou o Tahití. Outros están na ruta dende o comezo como O Café ou A Lareira, coincidindo no ambiente creado na fin de semana en torno a esta iniciativa. O Bravo Lux, o Dipöp, Artesanos Peyma e Té Rojo, completaron a lista de establecementos participanes nesta edición.

Agora falta saber cal foi a tapa mellor valorada polo público. ¿Será o “Lomo de cerdo con foie” da Lareira?, ¿a “Milhoja de patata con chorizo” do Dipöp? ¿ou a “Cazuelita de vieira ó godello” do Luna’s? Nos vindeiros días darase a coñecer cal foi a que máis gustou nesta ocasión.

Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button