EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

De viños no Barco, na IV Festa Portas Abertas

Estaba prevista no Paseo do Malecón, pero a previsión de chuvia, que finalmente non se cumpría, levaba á IV Festa de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras á Praza de Abastos do Barco. A partires das oito da tarde numerosas persoas se achegaban ata alí para desfrutar dos viños das sete adegas participantes nesta edición: A Coroa, Alán de Val e Joaquín Rebolledo (A Rúa), O Cepado e O Casal SAT (Rubiá), Godeval e Roandi (O Barco).

Esta festa, organizada pola Ruta do Viño en colaboración co Concello do Barco, incluía degustacións (ao prezo de 1,5 euros) e venda de viños, así como a actuación musical a cargo do grupo de música tradicional Os Parrandas.

Esta festa forma parte do programa das VI Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, que se desenvolven nas cinco denominacións de orixe da comunidade. No caso de Valdeorras esta iniciativa ten lugar do 27 ao 28 de maio con diferentes actividades como visitas a adegas, catas, descontos en aloxamentos…

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button
Close