En portada

Décimo Xunio Bruto volve cruzar o Limia

Xinzo de Limia celebra unha nova edición da Festa do Esquecemento o 23 de agosto
Décimo Xunio Bruto cruzando o Limia nunha edición anterior da Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia./ Foto: Carlos G. Hervella.
Décimo Xunio Bruto cruzando o Limia nunha edición anterior da Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia./ Foto: Carlos G. Hervella.

No ano 135 a.C. a lexión romana dirixida por Décimo Xunio Bruto, chegaba á marxe esquerda do río Limia, pensando que se atopaba diante do mítico río Lethes, que “borraba tódolos recordos da memoria daqueles que ousaban atravesalo”.

Entón empuñando o estandarte das aguias de Roma, o comandante chamou dende a outra marxe a cada soldado polo nome, probando que ese non era o río do esquecemento. Esta é parte da historia ou lenda romana que dá orixe á Festa do Esquecemento que se celebra os días 21, 22 e 23 de agosto en Xinzo de Limia.

O momento central do evento histórico-festivo é o domingo pola tarde coa recreación do paso do río Limia (Lethes) polas lexións e a posterior loita entre as tropas romanas e os lugareños, que rematará coa vitoria dos primeiros, pero ao longo de toda a fin de semana sucédense as actividades polas rúas e contorna da vila, como espectáculos circenses, danzas, concertos, mercado romano, desfiles e banquetes de época, loitas… Todo, organizado coma sempre pola Asociación Civitas Limicorum.

Artigos relacionados

Back to top button