ConcellosMonterreiÚltima hora

Declarada a situación 2 no incendio de Flariz (Monterrei) pola súa cercanía á localidade de Salgueira

Suma xa unhas 150 hectáreas, segundo os últimos datos de Medio Rural

 

A Consellería do Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz. Esta situación operativa de emerxencia decretouse ás 22:42 h. desta noite pola proximidade do lume ao núcleo da Salgueira.

Este incendio comezaba ás 17:05 h. desta tarde e arestora permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 150 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 9 avións. Tamén está solicitada a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 

Artigos relacionados

Back to top button