En portadaÚltima hora

Declarada a situación 2 no incendio de Sabuguido (Vilariño de Conso)

As chamas estanse a achegar aos núcleos de Soutogrande e Soutelo

 

Vén de declarase a Situación 2 no incendio de Sabuguido (Vilariño de Conso) pola proximidade das chamas aos núcleos de Soutogrande e Soutelo, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

Este incendio iniciábase ás 02,22 horas do domingo e segundo as últimas estimacións afecta unhas 2.000 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 13 axentes, 23 brigadas, 13 motobombas, 4 pas, 14 helicópteros e 9 avións.

Manzaneda

Segue activo desde as 5:32 h. un lume no concello de Manzaneda, parroquia de Cernado, que afecta provisionalmente unhas 200 hectáreas de superficie, segundo informa a Consellería do Medio Rural. No seu control traballan diversos medios terrestres.

Tamén permanece activo desde as 2:40 h. desta madrugada outro lume neste concello, na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro rexistrado na parroquia de San Martiño, o que evidencia a clara intencionalidade nos lumes deste concello. Entre os dous suman unha superficie provisional dunhas 120 hectáreas. No lugar están traballando 8 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Chandrexa de Queixa

Está activo desde as 16:07 h. do domingo un lume na parroquia de Queixa, concello de Chandrexa de Queixa, e que afecta provisionalmente unha superficie dunhas 500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 5 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

A Mezquita

Mantense activo dende as 12:24 h. deste mediodía “un lume procedente de Zamora” que, segundo as primeiras estimacións de Medio Rural, afecta unhas 100 hectáreas do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Cádavos. Para a súa extinción lévanse mobilizado ata o de agora 3 axentes, 6 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros.

Lobios

Dende as 19:40 h. do sábado está activo un lume no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unhas 2.000 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 11 axentes, 32 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 11 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Cualedro

Desactivada a Situación 2 no incendio rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, ao non haber perigo para núcleos de poboación. O incendio iniciouse ás 14,48 h. do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 8 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Vilar de Barrio

Continúa activo, dende as 11,52 h. do sábado, o lume rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 700 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 12 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 14 avións.

Rairiz de Veiga

Permanece activo o lume rexistrado no concello de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, tras comezar ás 13:44 h. do domingo. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unhas 300 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 13 axentes, 22 brigadas, 19 motobombas, 2 pas e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Vilardevós

Activo desde as 1:04 h. desta madrugada un lume en Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 300 hectáreas. No seu control participan 10 axentes, 16 brigadas, 15 motobombas, 3 pas e 8 helicópteros.

Laza

Segue activo desde as 20,29 h. do sábado o incendio do municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, e que afecta arredor de 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 14 brigadas, 3 motobombas, 2 pas e 4 avións.

Muíños

Está activo, dende as 13,29 h. de hoxe, un lume no municipio ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio iniciouse en dous focos diferentes e simultáneos, o que dá idea de clara intencionalidade. De acordo coas últimas estimacións, afecta unha superficie de 6 hectáreas. Polo de agora, para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 3 brigadas, 4 motobombas e 3 helicópteros.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button