CulturaCulturaÚltima hora

Declarado deserto o “I Premio de Novela da Galicia Rural”, promovido polo Concello de Río

Publicidade

A primeira edición do “Premio de Novela da Galicia Rural”, convocado o pasado xaneiro polo Concello de San Xoán de Río (co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e coa colaboración da Editorial Galaxia), vén de ser decarada deserta. Así o decicía o seu xurado, reunido telematicamente o 29 de decembro. Este galardón estaba dotado cun premio de 1.000 euros máis a edición da obra

“Tras unha longa deliberación na que se puxeron en común as impresións sobre as 4 novelas recibidas, decidíase declarar deserta esta primeira convocatoria do Premio de Novela da Galicia Rural. A pesar do atractivo dalgunhas propostas e do profundo dilema que supón para calquera xurado propoñer esta solución, considerouse que a obra premiada debía reunir unha serie de características lingüísticas, literarias e temáticas que non se viron reunidas suficientemente en ninguna das propostas examinadas nesta primeira convocatoria”, tal e como se informa dende o Concello de Sann Xoán de Río.

Sen embargo, o xurado tamén propón que este premio sexa convocado para unha segunda edición e, sendo posible, “que se faga co suficiente tempo como para que os autores e autoras interesados poidan madurar e enviar as súas propostas”.

O xurado deste I Premio de Novela da Galicia Rural estaba formado por Francisco Castro Veloso, Anna R. Figueiredo, Armando Requeixo Cuba, Tania Vázquez García e Miguel García-Fernández, e actuando como secretario con voz pero sen voto, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Artigos relacionados

Back to top button