En portadaÚltima hora

Decretada a situación 2 pola proximidade das chamas a varios núcleos ourensáns

Incendio nas proximidades de Oseira.

 

O lume ameaza varias poboacións da provincia de Ourense. Así, segundo vén de facer público a Consellería do Medio Rural, tense decretado a situación 2 como medida preventiva pola promixidades das chamas ás poboacións ourensás de Oseira (San Cristovo de Cea), en Chaveán (Chandrexa de Queixa), así como en Betán (Baños de Molgas). Tamén se decretaba a última hora da tarde en Cantoña (Paderne de Allariz) e en Lobios, parroquia de Araúxo.

No lume de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, decretouse o nivel 2 pola proximidade do lume ao núcleo de Pieles. No lugar participan 1 técnico, 4 axentes, 7 brigadas, 9 motobombas, 4 helicópteros e 1 avión.

No caso de Baños de Molgas decretouse a situación 2 pola proximidade do lume ao núcleo de Nevoeiro. O lume está activo e traballan no seu control 1 técnico, 2 axentes, 4 brigadas e 3 motobombas.

Tamén se decretaaa a situación 2 en Chandrexa de Queixa, parroquia de Chaveán, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilamaior, no municipio veciño de Castro Caldelas. No lugar traballan 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 4 helicópteros.

Ademais hai un incendio activo desde as 21:50 h. en Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que tamén afecta ao concello de Montederramo. No lugar traballan 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 4 helicópteros.

Está asemade activo desde as 03:20 h. desta madrugada un lume en Piñor, parroquia de Coiras. Están traballando no seu control 2 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.

 

Ademais o lume obrigaba a cortar nesta tarde durante un par de horas a autoestrada A-52.

 

A autoestrada A-52 tivo que ser cortada ao tráfico.

Máis información e fotos:
https://osil.info/incendio-forestal-achegabase-tamen-as-casas-no-pereiro/
https://osil.info/gudina-dos-concellos-ourensans-afectados-polo-lume/

Artigos relacionados

Back to top button