Tómase como medida preventiva ao considerar que o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais
Rozando as sete da tarde do 28 de agosto a Consellería do Medio Rural tomaba a decisión de declarar, como medida preventiva, a “Situación 2” no incendio forestal activo no concello ourensán de Verín, parroquia de Tintores. “Esta situación operativa de emerxencia declárase porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro”, segundo se informa dende Medio Rural.
Este incendio comezaba ás 17:55 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións da consellería, a superficie afectada “é de 10 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 3 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas, 1 pá, 7 helicópteros e 4 avións”.
Fotos: Carlos G. Hervella.