ConcellosÚltima hora

Dedicación parcial para o alcalde de Viana do Bolo

Aprobábase en pleno co voto de calidade do rexedor nacionalista, ao absterse o edil socialista e votar en contra o PP
A sesión plenaria foi seguida por numeroso público./ Foto: Carlos G. Hervella.
A sesión plenaria foi seguida por numeroso público./ Foto: Carlos G. Hervella.

O alcalde de Viana do Bolo, o nacionalista Secundino Fernández, gobernará con dedicación parcial. Esta cuestión sometíase a votación na sesión plenaria do 17 de setembro, despois de dar conta o rexedor da renuncia á dedicación exclusiva e tras rexeitarse a dedicación exclusiva do primeiro tenente de alcalde e a dedicación parcial da terceira tenente de alcalde cos cinco votos en contra do PP e tamén o do único edil socialista. Nestes dous puntos o portavoz municipal do PP, Andrés Montesinos, advertía nas súas intervencións de que “os interesados deben absterse nas votacións” e propoñía suspender o pleno e convocar unha nova sesión plenaria. Pola súa banda, o concelleiro socialista plantexaba “manter a situación actual e esperar que se fagan os orzamentos do 2016 e aí abordar este asunto”.

Momento de debate dun dos puntos entre o portavoz do PP e o alcalde vianés./ Foto: Carlos G. Hervella.
Momento de debate dun dos puntos entre o portavoz do PP e o alcalde vianés./ Foto: Carlos G. Hervella.

No punto sobre a dedicación parcial do alcalde a situación cambiaba. O socialista Jesús Salgado considerábaa “complicada” dende un punto de vista operativo”, pero a pesar diso abtíñase “para que sexa o seu voto e o do seu grupo o que o decida”. Deste xeito, o rexedor co seu voto de calidade permitía nunha segunda votación aprobar o punto, ao haber un empate na primeira entre os cinco votos a favor do BNG e os cinco en contra do PP.

Estes eran os asuntos principais dun longo pleno con 17 puntos na orde do día e que se alongaba ademais no apartado de rogos e preguntas.

Artigos relacionados

Back to top button