EconomíaEconomíaÚltima hora

Degustación de peixe ao espeto, no Restaurante Casa Lameiro do Barco

Esta fin de semana pódese elixir entre sardiña pequena, dourada, lubina e xurelo á brasa en caña de bambú
O cociñeiro do Restaurante Casa Lameiro, preparando o peixe ao espeto.

En menos de dous meses fará un ano que o Restaurante Casa Lameiro do Barco de Valdeorras, cambiaba de xerencia. Ao fronte dende xuño de 2016 está María José Prieto e na cociña, ao mando dos fogos e da grella, Manuel, coñecido como “El Cordobés”, cociñeiro durante 30 anos na Costa do Sol andaluza. Alí aprendía a preparar os espetos de peixe, moi típicos en toda a zona, e despois dun tempo, decidían dar a coñecer esa especialidade culinaria a todos os valdeorreses.

Por iso durante toda a fin de semama (do venres 7 ao domingo 9 de abril), entre a oferta gastronómica deste establecemento hostaleiro barquense, está a degustación de peixe ao espeto en caña de bambú (á brasa sobre area). “Seguramente continuaremos de cara ás vindeiras fins de semana e a oferta dependará do peixe fresco que teñamos pero hoxe temos sardiña pequena, dourada, lubina e xurelo”, explica o cociñeiro.

Diferentes peixes asándose en caña de bambú.

 

Máis peixes ao espeto.

Esta peculiar forma de preparar o peixe, que resulta todo un espectáculo nunca visto na comarca, limítase ás fins de semana, pero no restaurante ubicado en pleno centro do Barco (entre a rúa Eulogio Fernández e a praza Clara Campoamor, fronte aos Xulgados) ten asemade unha ampla oferta gastronómica para todos os petos, cun menú de semana de 12 euros e outro de fin de semana de 18 euros, ademais de produtos á carta, todos de primeira calidade e prezos económicos.

Outra das especialidades de Casa Lameiro é o arroz, elaborado de mil e unha formas (vexetal, con codornices, mariñeiro,…), ata o punto de que unha vez á semana, en concreto o xoves, está especialmente adicado a el “facémolo ao gusto do cliente, baixo pedido”, puntualiza Manuel adiantando que están preparando unha novaa carta na que incluirán outra especialidade: zarzuela de peixe e marisco “distinta á típica cazuela que adoita facerse por aquí” e tamén parrillada.

Vista nocturna do exterior do restaurante.

 

O comedor de Casa Lameiro.

 

A xerente Mª José e o cociñeiro Manuel “El Cordobés”.

 

Mª José Prieto no interior do Restaurantes Casa Lameiro.

Quen desexe degustar algunha das propostas de El Cordobés, nun ambiente agradable, pode pasar polo restaurante para xantar e tamén cear. Teléfono para reservas: 988 322 148.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button