ConcellosO Sil agosto 2016

Degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo o 12 de agosto en Sober

A praza do Concello acollerá a XXI edición da tradicional Feira das Rosca
Presentación do cartaz da Feira da Rosca de Sober.
Presentación do cartaz da Feira da Rosca de Sober.

Os días 11 e 12 de agosto celebrarase en Sober a XXI Feira da Rosca cun programa “máis completo que noutras edicións ao incluír un amplo abano de actividades para todos os públicos”. Así o adiantaba o alcalde Luis Fernández Guitián na presentación do cartaz deste ano, nun acto que tiña lugar na mañá do 4 de agosto e ao que tamén asistían o concelleiro José Quevedo Pérez, e os rosqueiros Moncho Álvarez e Teresa Rodríguez.

Fernández Guitián asgurou que “despois de 21 edicións, a Feira da Rosca converteuse nun dos eventos con maior tradición da Ribeira Sacra a través do que podemos enxalzar os produtos da zona e a nosa saborosa rosca”, explicando que o programa arrancará o xoves 11 de agosto a partires das 13 horas coa celebración dunha festa acuática con broncadeiros nas piscinas municipais. Pola tarde, en torno as 19:30 horas presentarase a campaña de promoción do selo da leite de calidade galega 100%. E xa pola noite, ás 21 horas, procederase á apertura dos stands na praza do Concello. As 22 horas o grupo de música folk de Ribas de Sil deleitará aos asistentes coa súa actuación e dará paso á degustación gratuíta de rosca con licor café entre o público.

A feira continuará co día grande, o venres 12 de agosto a partires das 10 horas co disparo das bombas de palenque. Ás 10:15 horas abriranse as portas do recinto feiral e darase paso á actuación do grupo de música tradicional de San Clodio. En torno ás 11:30 horas os cativos poderán desfrutar do espectáculo de maxia ‘Ilusións Ópticas’ a cargo do mago Romarís. E xa en torno ás 13 horas, farase a tradicional degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo, coa animación musical do grupo de música tradicional de San Clodio.

Artigos relacionados

Back to top button