EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Degustacións como broche do segundo día das Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

A praza do Concello do Barco acollía a partir das oito da tarde do sábado un concerto dun violonchelista e dun violinista e catas dos viños das adegas participantes

Ademais da proposta “Viñoteando entre covas” e do Bus do Viño, que facía un percorrido polas adegas participantes nas VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras, as actividades do sábado 15 de xuño completábanse cun concerto de jazz na adega ruesa Joaquín Rebolledo e cunha degustación de viños na praza do Concello do Barco entre as oito e as dez da noite.

As degustacións estaban acompañadas pola música dun dúo formado por violonchelo e violín.

O programa previsto inclúe para mañá unha ruta de Sendeirismo polo Barranco Rubio, na Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button