Publicidade
CulturaCulturaÚltima hora

Delfín Caseiro e Antón Jardón presentan o seu libro “A luz da chuvia” no Barco

O acto terá lugar o venres 24 de xaneiro ás 20h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán

Delfín Caseiro e Antón Jardón, autores de “A luz da chuvia”, cun exemplar deste libro./ Foto cedida.

 

“Hai persoas que veñen ao mundo co precinto de especial, de única. A Dosinda e o Camilo, o Vimbio, formaban un matrimonio desigual, pouco común”. Deste xeito entra o lector na primeira das dez historias de “A luz da chuvia” (Toxosoutos, 2019), o novo libro dos ourensáns Delfín Caseiro e Antón Jardón, membros do Padroado do Museo da Limia e colaboradores co Centro de Cultura Popular da Limia na edición da revista Lethes.

Eses dez relatos están poboados por singulares e sorprendentes personaxes que retratan un rural de tempos pasados, cun ritmo vital moi diferente e cunha estreita e crucial relación coa terra. Esta obra, que inclúe tamén ilustracións de Antonio Feijoo, presentarase no Barco o vindeiro 24 de xaneiro ás 20h. na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán.

Os autores estarán acompañados polo técnico de Cultura do Barco, Gustavo Docampo, e pola música e a voz do cantautor valdeorrés Anxo Rei.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close