CulturaCulturaÚltima hora

Delfín Caseiro e Antón Jardón presentarán no Barco o seu novo libro “A luz da chuvia”

Este acto está previsto para o vindeiro 24 de xaneiro na Biblioteca municipal

 

A Biblioteca Florencio Gurriarán do Barco acollerá o vindeiro 24 de xaneiro ás 20h. a presentación do libro de relatos “A luz da chuvia” (Editorial Toxosoutos), escrito por Delfín Caseiro e Antón Jardón. O acto contará coas intervencións de ambos autores, así como do técnico de Cultura do Concello do Barco, Gustavo Docampo.

Ao longo das súas 240 páxinas esta obra narrativa aborda historias de tempo, é unha “crónica amena de tempos pretéritos, de andar camiños de terra que levan carros de persoas dun lugar a outro, de comunicación íntima coa terra produtiva, coa natureza entusiasta”, segundo indica a propia editorial.

Esta presentación contará ademais co acompañamento musical do cantautor valdeorrés Anxo Rei.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close