EconomíaEconomíaÚltima hora

Delicioso roteiro de sabores no Carballiño

A IX Ruta das Tapas desta localidade arranca o venres 4 de novembro coa participación de 21 locais de hostalaría
Acto de presentación da Ruta das tapas do Carballiño.
Acto de presentación da Ruta das tapas do Carballiño.

Con varias novidades porase en marcha o venres 4 de novembro a novena edición da Ruta das Tapas do Carballiño. Así, celebraranse dúas rutas, os primeiros e últimos venres de cada mes, e o prezo da tapa sube a 2 euros, pero cun incremento na calidade e cantidade dos pinchos.

Cogomelos e castañas serán os protagonistas da primeira xornada desta iniciativa, á que nesta edición adheríronse 21 establecementos hostaleiros: Restaurante A Fuchela, Da Vinci Café, Café Bar Esquina, Parrillada San Andrés, Vinoteca Abadía, Pulpería Asador Veracruz, Café Bar Soldado, Restaurante O Pituxo, Ningures, Cervecería Tapería Don Paco, Loft 27, Mesón Os Portales, Furancho do Toto, El Caserío Café Bar, Pulpería Plaza, A Raíña das Tapas, O Fiadeiro, Café Bar Peñasco, Tapería Novo Flamingo, Cafetería Romana e Restaurante Comonacasa. Un plano-guía recolle a ubicación destes bares, mesóns e restaurantes no roteiro da vila.

Así se facía público no cato de presentación deste roteiro gastronómico, no que o concelleiro de Turismo do Carballiño, José Manuel Dacal, aludía ás características desta iniciativa e no que tamén agradecía o patrocinio do Centro Comercial Aberto, da adega Pazo Tizón e a colaboración de Aspadisi, que repartirá os carteis de cada ruta polos bares.

O acto contaba asemade coa presenza do alcalde, Francisco Fumega; dos concelleiros de Cultura, Diego Fernández, e de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, así como do presidente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga e da xerente deste centro, Noelia Mares; da xerente da Bodega Pazo Tizón, do presidente da Asociación de comerciantes da Praza de Abastos, Eligio González, e representantes dos establecementos hostaleiros.

Francisco Fumega resaltaba que esta iniciativa tiña como obxectivo a posta en valor dun dos sectores máis importantes do Carballiño, como son a hostalería e restauración, e agradeceu a súa implicación e superación para ofrecer cada vez un mellor produto e servizo. Por outra banda, Julián Garriga sinalaba que o Centro Comercial Aberto sumábase a esta iniciativa como unha forma de aunar esforzos entre o sector hostaleiro e o comercio, e felicitou ao concello e ao concelleiro de Turismo por promover eventos que redundaban na promoción destes sectores. Asemade, destacou o feito de que a presentación se realizase na Praza de Abastos, pois debe converterse no motor do movemento no centro do casco urbano, según dixo.

Ademais a xerente da adega Pazo Tizón amosaba a súa satisfacción por participar un ano máis nesta iniciativa encamiñada a darlle vida ao pobo durante o inverno, e promover a gastonomía local e a degustación dos bos viños, como o Pazo Tizón. Finalmente, interviña unha representante dos locais hostaleiros participantes, desexando que esta nova tempada resultase tan exitosa como o foi a pasada.

Neste acto de presentación tamén se amosaban diversas tapas elaboradas con cogumelos, castañas e outros produtos, que serán ofrecidos aos clientes na primeira xornada da ruta este venres, a partir das 8 da tarde. A cada cliente entregaráselle un cartón no que deberá reunir seis selos de establecementos participantes e optar a algún dos numerosos premios que se sortearán ao remate da tempada, por un custo total de 2.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button