ConcellosÚltima hora

Demostración de artesanía en coiro no Museo Etnográfico de Quiroga

Nesta actividade participaron os nenos que están matriculados nos campamentos de verán do Concello
Obradoiro de coiro no Museo Etnográfico de Quiroga. /Foto: Tele Quiroga.

O Concello de Quiroga está inmerso nos campamentos de verán que este ano inclúen novas actividades e saídas para os nenos inscritos. A semana pasada visitaban o Museo Xeolóxico e na mañá do 6 de agosto tocaba visitar o Museo Etnográfico para coñecer os oficios tradicionais.

Así, as súas instalacións acollían unha demostración de artesanía de traballos en coiro incluída no Programa de Promoción da Artesanía que desenvolve o CENTRAD da Deputación de Lugo. Nela os cativos puideron realizar eles mesmos algunha peza deste material. A actividade estaba aberta a todas as persoas interesadas de xeito totalmente gratuíto e ademais de realizar traballos en coiro, os rapaces tamén coñeceron o tecido tradicional, a través do tear que ocupa unha das salas deste museo.

Ademais dos cativos, ata as instalacións municipais achegáronse tamén o alcalde Julio Álvarez e a concelleira delegada da área de Educación e Infancia, Loli Sánchez.

 

Artigos relacionados

Back to top button