ConcellosÚltima hora

Dende hoxe poden solicitarse permisos para queimas de restos agrícolas e forestais

O mércores 23 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas

 

Desde hoxe, luns 21 de febreiroe, pódense tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, “debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten”. Isto significa que o mércores 23 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas, tal como informan dende a Consellería do Medio Rural.

Así, os interesados poderán realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días de vento e altas temperaturas.

 

Artigos relacionados

Back to top button