ConcellosÚltima hora

Dende hoxe volven tramitarse permisos para queimas agrícolas

Mentres non estean abertas ao público as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías: chamar ao teléfono 012 ou usar a web https://queimasweb.xunta.gal

 

As autorizacións para queimas en terreos forestais, así como a realización de comunicacións para as rexistradas en parcelas agrícolas, poden volver a solicitarse dende este luns 11 de maio. Levántase así a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos decretada o pasado 16 de marzo, despois de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicase o pasado venres a correspondente resolución da Consellería do Medio Rural.

Para iniciar a tramitación, mentres non estean abertas ao público as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías: chamar ao teléfono 012 ou ben empregar a vía telemática dende o enderezo web https://queimasweb.xunta.gal.

Canto ás autorizacións xa notificadas e ás comunicacións xa efectuadas que quedaran sen efecto durante a emerxencia sanitaria, os interesados deberán solicitar nova autorización ou realizar nova comunicación para levar a cabo a queima.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close