ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Dende mañá non se poderá aparcar na estrada xeral do Barco polo pintado da mesma

 

Dende o Concello do Barco vén de facerse público que a partir de mañá xoves, 28 de abril, prohíbese o estacionamento de vehículos en toda a estrada xeral da vila, é dicir, dende a rotonda situada nas proximidades de Calabagueiros (avenida Conde Fenosa) ata Manuel Quiroga co cruce coa rúa San Roque. O motivo disto é que se vai proceder ao pintado da travesía e non se permitirá aparcar na travesía ata que rematen estes traballos.

Na zona na que se vai a realizar ese pintado, que será sinalizado, estanse a instalar carteis informativos por parte da Policía Local nos que se informa da mesma e pídese a colaboración cidadá, avisando tamén de que “se utilizará a grúa para a retirada dos vehículos que permanezan estacionados”.

 

Estrada xeral que cruza a vila do Barco./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button