CulturaCulturaÚltima hora

Dende o borde do precipicio

Talía Teatro presentaba “Demolición” na noite do 10 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco
Unha das esceas iniciais da obra.
Unha das esceas iniciais da obra.

Son dous vidas que se atopan xusto no borde dun precipicio, físico e persoal. As de dous homes salpicados pola traxedia que agardan xuntos á espera dunha demolición dun conxunto de apartamentos. Entre tanto van debullando a súa existencia cuns diálogos que se moven entre o humor e a dor, entre a comedia e o drama, nunha xeira de reflexións que van estreitando os vínculos entre ámbolos dous personaxes.

A peza está interpretada por Artur Trillo e Toño Casais.
A peza está interpretada por Artur Trillo e Toño Casais.

Así é “Demolición”, o último espectáculo da compañía Talía Teatro, que se representaba na noite do 10 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco. A peza, dirixida por Cándido Pazó, está interpretada por Toño Casais e Artur Trillo.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button