CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Dende Pumares (Carballeda de Valdeorras) ata O Barco polo Camiño de Inverno

Os alumnos de 6º de Primaria do colexio Divina Pastora percorreron un tramo da ruta xacobea

A poucos días para o final de curso, no Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras seguen desenvolvendo actividades dos diferentes programas educativos, e na mañá do 7 de xuño tiña lugar unha nova sobre mobilidade sostible e segura.

En xornadas anteriores utilizaron a bicicleta como medio de transporte para percorrer parte da vila e da comarca, e hoxe facíano a pé. O alumnado de 6º de Primaria completaba un tramo do Camiño e Inverno a Santiago, dende Pumares (Carballeda) ata O Barco de Valdeorras, acompañado por profesores. Unha iniciativa que mestura deporte, saúde, educación e cultura.

 

Os alumnos do Divina Pastora nunha das paradas da ruta polo Camiño de Inverno.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button