EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As denominacións de orixe ourensás apostan por Fenavin

Valdeorras, Monterrei, Ribeiro e Ribeira Sacra promocionarán os seus viños neste certame que se desenvolverá do 9 ao 11 de maio en Ciudad Real

Ciudad Real acollerá do 9 ao 11 de maio a Feria Nacional del Vino (FENAVIN), considerada un dos certames de referencia do sector a nivel español. Neste evento, que congregará a unha importante representación da hostalaría e axentes de compra, tamén se incidirá nas conexións entre gastronomía, industria e turismo.

Nela estarán presentes denominacións de orixe ourensás como Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra (da cabalo entre as provincias de Lugo e Ourense). No caso de Valdeorras, ademais do consello regulador da D.O., tamén acudirán cinco bodegas da comarca (Rebolledo, Valdesil, Virxe de Galir, A Coroa e Cooperativa Xesús Nazareno). O presidente do CRDO Valdeorras, Francisco García, destaca que a participación en FENAVIN constitúe “un paso máis na estratexia promocional deseñada desde o organismo para dar a coñecer os viños valdeorreses a diferentes públicos especializados e, tamén, aos consumidores finais”. García lembra que as accións promocionais son “imprescindibles” para “fortalecer” a imaxe dos brancos e tintos de Valdeorras e incrementar o seu posicionamento en diferentes mercados.

Neste certame estará asemade o CRDO do Ribeiro e de Monterrei e tamén Ribeira Sacra, xunto coas adegas desta denominación: En este certamen estarán presentes las siguientes bodegas de Ribeira Sacra: Ponte da Boga S.L., Adegas e Viñedos Via Romana S.L., Bodegas de Rectoral de Amandi S.A.U., Dominio do Bibei S.L., Karma do Sil S.L., Regina Viarum S.L., Pedro Manuel Rodríguez Pérez “ Adegas Guimaro”, Ronsel do Sil S.L., S.A.T. Virxen dos Remedios e Manuela Valdés Pérez “Adega Tear”.

Estas denominacións estará no stand da Xunta de Galicia en FENAVIN 2017.

Artigos relacionados

Back to top button