ConcellosO BarcoÚltima hora

Denunciado no Barco o condutor dun vehículo por instrusismo no sector do taxi

A Policía Local localizábao realizando o servizo de taxi dende esta vila valdeorresa

 

A Policía Local barquense localizou a un condutor propietario dun vehículo da zona da Veiga realizando o servizo de taxi dende O Barco e que incluso tiña unha emisora de radiofrecuencia conectada do servizo de autotaxi desta vila valdeorresa. Ante isto, a Policía Local vén de interpoñer unha denuncia por intrusismo no sector do taxi ante a delegación da Xunta de Mobilidade.

Esta é xa a cuarta denuncia que se presenta dende a Policía Local barquense pola realización de servizos de taxi non autorizados ou por intrusismo profesional. “Imos seguir traballando para apoiar a este sector denunciando todas as irregularidades que poidamos detectar”, indican dende a Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button