Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Deporte, aventura e solidariedade nunha nova edición do Chandrexa Trail, o 23 de xuño

Esta proba, incluída no campionato galego de carreiras por montaña, contará con tres modalidades diferentes

Os fermosos cumes da Serra de Queixa volverán a vestirse o próximo domingo 23 de xuño coas cores das camisetas dos corredores dunha nova edición da Chandrexa Trail (campionato galego de carreiras por montaña, individual) que nos levará desde os 920 m. de altitude da meta en Celeiros, ata os 1.684 m. do pico do Seixo.

Hai tres modalidades, sendo de 34 km a máis longa e de 18 km a andaina, que se realiza paralelamente. A data de inscrición remata o día 20 de xuño e toda a información poden atopala na páxina www.chandrexatrail.com

Carreira dura pero imprescindible, que colabora coa Asociación Galega de Fibrosis Quística, e supón unha ocasión única para visitarnos, coñecernos e pasar unha xornada de deporte e aventura para aqueles que participan en calquera das modalidades, ou ben para pasar un día en familia desfrutando da nosa natureza e gastronomía.

Para todos, o Centro de Interpretación do Concello, no que poderán achegarse á nosa historia; permanecerá aberto en horario de mañá e de tarde para ser visitado por todo aquel que o desexe.

Bo camiño a todas e todos e boa xornada. Chandrexa de Queixa espéravos cos brazos abertos e as serras dispostas.

Texto e fotos: Raquel Pérez.

 

Artigos relacionados

Back to top button