Deportes

Deporte e 200 kg solidarios

Chus Alonso e Ana García, vencedores da Carreira da Rúa
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Bo balance deportivo e tamén, solidario. A Rúa celebraba na mañá do 22 de decembro a segunda edición da súa carreira e andaina solidaria cun total de 150 participantes, que aportaron uns 200 kg de comida.

A partires das 11:30 h. poñíase en marcha a andaina. Dende a praza da Estación ruesa saían os 62 camiñantes para completar un circuíto duns 8.000 metros, que remataba nesa mesma praza. Media hora despois, tocáballe o turno aos atletas. Na liña de saída sitúabanse 88 participantes de ata seis categorías (dende xuvenil/junior ata veteráns). Tras o sinal do xuíz, comezaba a carreira cun percorrido idéntico ao realizado polos camiñantes.

O mellor resultado absoluto masculino lográbao Chus Alonso Prieto, mentres que a segunda posición correspondeulle a Xosé Antón Barreira e a terceira a David Gil Moldes. No caso das atletas, a vencedora absoluta foi Ana García, mentres que Yolanda Mon entraba segunda e Grit Hagen terceira. En xuvenil/junior ganaba a proba Damián Anta, Agustín González proclamábase subcampión e Pablo Sixto facíase co terceiro posto.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button