DeportesÚltima hora

Deporte e gastronomía na presentación dos equipos da Volta a España 2016

A gala que se celebrará o xoves 18 de agosto no Balneario de Arnoia homenaxeará á comida galega cun show cooking
A Volta a España 2016 arranca este sábado en Ourense.
A Volta a España 2016 arranca este sábado en Ourense.

O pistoletazo de saída da 71ª edición da Volta a España, darase o vindeiro xoves 18 de agosto no Balneario de Arnoia (Ourense) coa gala de presentación de equipos, amenizada, entre outras cousas, cun show cooking cos mellores cociñeiros e produtos galegos.

Tal como informan dende a UCI (organizador da ronda), os 22 equipos ciclistas participantes nesta edición da Volta desfilarán polo escenario termal do balneario a partires das 19:30 horas marcando así o comezo oficial da festa ciclista nacional.

Tralo percorrido deportivo polas formacións que integrarán o pelotón, cegará o momento do gastronómico: un show cooking que contará coa participación de doce profesionais do Grupo Nove, nove cociñeiros de Amigos da Cociña Galega e vinteunha Denominacións de Orixen, Indicacións Xeográficas Protexidas e Marcas con Distintivo de Calidade Diferenciada. “Para a Volta será un orgullo poder xuntar aos mellores ciclistas do mundo cos mellores cociñeiros de Galicia”, en palabras de Javier Guillén, director xeral da proba.

Trala ausencia na edición do ano pasado, a comunidade galega volve ser protagonista na ronda española 2016. Os 198 corredores do pelotón tomarán a saída o sábado 20 de agosto dende o Balneario de Laias (Ourense) para disputar a primeira etapa, unha contrarreloxo por equipos que os levará por 27,8 quilómetros ata o Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Artigos relacionados

Back to top button