DeportesÚltima hora

Deporte entre viñedos valdeorreses

I Gran Premio de Montaña e Andaina D.O. Valdeorras, o 11 de outubro na Rúa
Proba deportiva./ Foto: Carlos G. Hervella.
Proba deportiva./ Foto: Carlos G. Hervella.

Pola rede de sendeiros da Rúa, e entre viñedos, transitará o trazado do I Gran Premio de Montaña Denominación de Orixe Valdeorras. Será unha dobre cita, andaina e trail, que se desenvolverá o 11 de outubro. Ademais nesas probas os participantes terán a opción de escoller entre dúas distancias: 7 km ou 20 km. O grao de dificultade é moi diferente en cada unha delas.

“As condicións desta proba na súa versión longa son bastante duras, salva grandes desniveis e ten algunha zona técnica. Sen embargo, o resto de modalidades non presentan dificultades e risco inherentes ao medio natural por onde discorren”, segundo se indica no regulamento deste evento deportivo.

En todos os casos as saídas daranse pola mañá dende a praza de Fontei na Rúa, onde tamén se situará a meta. Os primeiros en iniciar o percorrido serán os camiñantes da andaina de 20 km. Sairán ás nove da mañá. Media hora despois tocaralle o turno aos corredores nesa mesma distancia. O trazado ao que se enfrontarán discorre por pistas, sendeiros e debasas. Ten unha altura máxima de 1.077 metros e unha mínima de 319 m, o que supón un desnivel acumulado de 1.933 m (dos cales 967 son con desnivel positivo), segundo a organización da proba, da que se encarga o Club Atletismo Rúa, co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e coa colaboración do Concello da Rúa e da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button