DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Deporte, magosto e disfraces de Samaín no I Trail e Andaina de Larouco

Unhas 160 persoas participaban nesta cita que se iniciaba pasadas ás catro e media da tarde na praza do Concello

 

O I Trail e Andaina Magosto de Larouco reunía na súa primeira edición neste 2 de novembro a unhas 160 persoas de diferentes idades e chegadas dende diversos puntos de Valdeorras e mesmo de comarcas próximas como é o caso das Terras de Trives. Boa parte delas acudían ademais disfrazados con temáticas propias do Samaín.

 

 

Pasadas ás catro e media da tarde, a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, daba á saída da proba, que non tiña carácter competitivo, dende a praza do Concello. Os primeiros en saír eran os corredores e, seguidamente, os andaríns. A partir de aí, os camiñantes afrontaban un percorrido de 9 km, mentres que o dos corredores era de 10 km.

A meta estaba instalada na mesma praza do Concello, e, despois tiña lugar un magosto, animado pola música tradicional de Os Bertolini de Manzaneda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/os-irmans-ares-prada-fanse-co-triunfo-no-i-trail-magosto-de-larouco/
https://osil.info/mais-imaxes-do-i-trail-e-andaina-magosto-de-larouco/

Artigos relacionados

Back to top button