CulturaCulturaÚltima hora

Deporte, pancetada e música para celebrar a noite de San Xoán no Barco

3ª Carreira e Andaina Popular o venres 23 de xuño a partires das 20:30h. en Viloira
Cartel da terceira edición da carreira.

Camiñando ou correndo. Son as dús posibilidades coas que o Concello do Barco de Valdeorras propón celebrar a noite de San Xoán, da man da 3ª Carreira e Andaina Popular que terá lugar o vindeiro 23 de xuño en Viloira.

Sobre dous circuítos, un pequeno para nenos e outro para adultos de 6,3 quilómetros e “seguindo o estilo da tradicional Carreira do Turrón que se celebra no Nadal”, a saída e a meta estarán ubicadas na praza Ramón Otero Pedrayo de Viloira. Ás 20:30 horas correrán os pequenos e de seguido darase a saída para os adultos.

O apartado deportivo remata aí pero non a festa que se estenderá ata a madrugada con pancetada ao finalizar a carreira para todos os participantes (obrigatorio entregar o dorsal), sorteo de agasallos e animación musical a cargo do grupo Pándega. E xa na medianoite, cacharela e queimada.

Esta actividade está organizada de forma conxunta polas Concellerías de Cultura de Deporte do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button