DeportesÚltima hora

Deporte para recibir a Noite de San Xoán, no Barco de Valdeorras

A 4º Carreira e Andaina Popular celebrarase o 23 de xuño en Viloira
Participantes na anterior edición da carreira de San Xoán. /Foto: Mónica G. Bellver.

Por cuarto ano consecutivo, a Noite de San Xoán terá un compoñente deportivo no Barco de Valdeorras da man da 4ª Carreira e Andaina Popular que terá lugar o vindeiro 23 de xuño en Viloira.

Camiñando ou correndo son as dúas posibilidades que ofrece a proba, organizada polo Concello, que se desenvolverá sobre dous circuítos sinalizados: un para os máis pequenos (recomendable para nenos de 6/7 anos) e outro para “os máis decididos” de 4,5 quilómetros con saída e a meta na praza de Viloira. Ás 20:30 horas sairán os pequenos e de seguido farano os adultos.

Ao finalizar a carreira, igual que nas edicións anteriores, haberá panceta asada para todos os participantes (obrigatorio entregar o dorsal) e sorteo de agasallos deportivos.

Artigos relacionados

Back to top button